Escoitar

O Concello constitúe un órgano xestor de praias<br />

A Xunta de Goberno Local decidiu na sesión celebrada o luns a constitución dun órgano xestor de praias que actuará baixo as directrices do concelleiro delegado de Medio Ambiente.

luns, 31 mai 2004
O novo órgano xestor terá as funcións de coordinación dos servicios, xestión de recursos, seguimento, informe e propostas relativos ás praias. Actuará como secretario o técnico supervisor de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, Jesús Núñez-Torron e formarán parte do mesmo o coordinador de área de servicios, a xefa de Seguridade e Transportes, o xefe do servicio de Limpeza, o xefe de Montes, Parques e Xardíns, o xefe do Parque Móbil, a coordinadora de Turismo e Comercio e o enxeñeiro técnico de Obras Públicas.

Os motivos que levan ao goberno municipal á creación do devandito órgano xestor arguméntanse que as praias de Vigo son un patrimonio fundamental que se debe conservar e mellorar, que existen varios departamentos do Concello que realizan actividades destinadas a manter as praias nas mellores condicións para o disfrute dos cidadáns polo que é necesario a súa coordinación. Tívose en conta tamén que a constitución do órgano xestor de praias é un requisito inescusable para a obtención da distinción de calidade para a praia de Samil.