Cobranza da taxa da recollida do lixo vivenda e exaccións unificadas industriais
Por Resolución da Alcaldía de 7 de maio do 2004, sinálase o período voluntario de cobranza do tributo taxa pola recollida do lixo vivenda e Exaccións unificadas industriais.
Período de cobranza:1 de xuño ao 2 de agosto do 2004, ambos os dous incluídos.
Forma de pagamento:as persoas contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un xogo de impresos para tal fin, poderán efectuar o ingreso na oficina da entidade de depósito colaboradora na prestación do servizo de caixa sita na praza do Rei s/n de luns a venres e de 9 a 13.30 horas, ou nas entidades colaboradoras que de seguido se indican:CAJA MADRID,ATLANTICO,CAIXANOVA,GALICIA
CAIXA GALICIA,BILBAO-VIZCAYA ARGENTARIA,
LA CAIXA,PASTOR,CAJA DUERO,SIMEON,CAJA CATALUÑA,SABADELL,SANTANDER,CITIBANK,CENTRAL-HISPANO,MAPFRE,GALLEGO,ESPIRITO SANTO,POPULAR,ZARAGOZANO,CAJA ESPAÑA.
Aqueles que non reciban os impresos poderán facer o ingreso no mesmo prazo indicado nas entidades BBVA, La Caixa ou Caixanova.
Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, os recibos que non fosen satisfeitos serán exaccionados pola vía de constrinximento, segundo o establecido no artigo 97 e seguintes do Regulamento xeral de recadación.
NOTA INFORMATIVA
Normas de procedemento para o ingreso de tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva neste presente exercicio:
1º.- O Concello remitirá a todos os domicilios fiscais un documento que consta de tres exemplares co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade bancaria, ou directamente na oficina da entidade de depósito colaboradora na prestación do servizo de caixa sita na praza do Rei, s/n.
2º.- As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo só recibirán unha nota informativa na que se lles recomenda a provisión de fondos en conta corrente para a data do vencemento, co fin de que a entidade domiciliaria poida cargar o seu importe. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello e seranlles noficadas aos titulares.
3º.- As/os contribuíntes que supostamente teñan os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque esa domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.
4º-. As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán efectualo directamente nas entidades BBVA, LA CAIXA ou CAIXANOVA onde lles estenderán un duplicado do recibo solicitado para tal efecto.