O Consello da Xerencia aproba a solicitude de declaración do Casco Vello como ben de interese cultural
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou por unanimidade solicitar á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia a declaración do Casco Vello de Vigo como Ben de Interese Cultural coa categoría de "Conxunto Histórico", cunha delimitación coincidente coa do planeamento urbanístico en redacción (Pepri do Casco Vello).
O acordo, que terá trasladarse ao Pleno da Corporación, inclúe tamén a solicitude á mesma consellería da sinatura dun convenio marco de colaboración coma mecanismo de apoio operativo ao proceso de protección, conservación, acrecentamento e difusión do patrimonio cultural do Casco Vello de Vigo, "a través das accións, incentivos, investimentos e demáis medidas de fomento que resulten procedentes".
Por outra banda, na reunión do Consello da Xerencia acordouse tamén, coa abstención do BNG e DPG, a aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral sobre a reubicación da Subestación Eléctrica do Castro. O acordo supón o inicio do desbloqueo da situación en que se atopa a subestación para o seu traslado á ladeira do Castro