Escoitar

Xogos populares no parque de Castrelos

A concellería de Deportes organiza en colaboración co departamento de educación física do Instituto de A Guía a actividade "Xoga connosco os nosos xogos populares" que terá lugar no parque de Castrelos o xoves día 27 desde as 9:00 ata ás 21:00 horas.<br />

mércores, 26 mai 2004
1085576745xogospopulares.jpg
Os obxectivos das actividades son recuperar e fomentar os xogos populares; favorecer o xogo cooperativo e lúdico, coñecer e por en práctica os diferentes xogos. Poderán participar alumnos do terceiro ciclo de primaria e primeiro ciclo da ESO. De 16 horas a 21 a participación é libre .

Os xogos a desenvolver estarán distribuídos nun círculo sinalada con paneis indicativos ó longo do parque. Entre os 25 xogos figuran a petanca, a chave, a billarda, o sangue, os pelouros. En cada xogo haberá como mínimo un monitor que explicará como xogar e ticará a folla de control cando remate a participación.
1085576745xogospopulares.jpg
1085576766xogospopulares1.jpg
Descargar todas as imaxes