Escoitar

Presentación do programa de música " Xeración 2000+4"

9 concertos conforman a programación do ciclo de música " Xeración 2000+4" que chega a súa cuarta edición e que presentou hoxe o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves e o director do festival e Conservatorio de Superior de Música de Vigo, Roberto Relova, ase como o director territorial de CaixaGalicia, José Manuel Fernández.

mércores, 26 mai 2004
1085574375xeracion.jpg
Os concertos serán dende o 29 de maio ata o 30 de xuño no auditorio do conservatorio a partir das 20.30 horas e con entrada gratuíta ata completar o aforo.

O Concelleiro manifestaba que "este ciclo de música enorgullécenos por ser un estímulo para todos os xoves músicos e que con actividades como estas o Concello amosa a actividades cultural dunha cidade que quere ser un referente pola súa calidade". Subliñou López Chaves que o ciclo Xeración 2000+4 consolídase na súa cuarta edición como o máis importante de Galicia para xoves intérpretes.

O ciclo de música creouse, segundo Roberto Relova, un verdadeiro espazo para os xoves músicos de españa, e mesmo de fora do estado, como acontece este ano ao que acoden intérpretes de Francia, Alemaña, Estados Unidos, Italia e Inglaterra. Nesta edición colaborase tamén cos grupos de cámara máis novos e máis importantes que desenvolven o seu labor en Galicia.

Programación do Festival

Día 29 de maio, sábado:
CUARTETO DE CLARINETES
CUARTETO DIBASETTO
Francisco Pérez, Esteiro Leiva, Felepe González y Santiago Cometiña

Día 1 de xuño, martes:
OPERETA: LAS DE CAÍN. DE PAULO SOROZABAL.
TALLER LÍRICO. Dir. FOSE ANTOLLO CAMPO

Día 3 de xuño, xoves:
QUINTETO LOGOS
Leonado Branco (violín)
Edita Shulman (violín)
Serghei Maximov (viola)
Mª Xesús Herbas (violonchelo)
Asteria Leiva (clarinete)
Javier Ares (piano)

Día 10 de xuño, xoves
TRACE NIKANE . PIANO

Día 17 de xuño, xoves
TALLER DE CÁMARA: LA PRIMA VOLTA
(VIOLONCELLO, CLARINETE Y PIANO)

Día 22 de xuño, martes
WILHEM LATCHOUMIA. PIANO

Día 23 de xuño, mércores:
CRISTINA NOGUEIRA ( VIOLONCELLO) e ALMA CENDÓN(PIANO)

Día 24 de xuño, martes:
LEGOÑA ESTEVEZ ( SOPRANO) Y MIGUEL ANEL ARQUEE (PIANO)

Día 30 de xuño, mércores:
TREO DE CORDA:
Manuel Quiroga, Giovanni Batista Fabrís (violín),David Quiggle (viola),David Ethève (violonchelo)
Descargar todas as imaxes

Máis información