Reunión do Foro da Sustentabilidade de Vigo da Axenda 21 Local
O Foro da Sustentabilidade de Vigo celebra o mércores a segunda reunión de traballo co obxectivo de deseñar unha estratexia de desenvolvemento sostible para Vigo, que permita a consecución dunha calidade de vida hoxe que non comprometa a calidade de vida das xeracións futuras. A Axenda 21 Local é un proxecto estratéxico para a cidade que pode determinar a súa capacidade de ofrecer mellores condicións de vida para o conxunto da cidadanía, freando e corrixindo as dinámicas non sustentables.