venres, 28 maio 2004

Alumnos de oito centros escolares de Vigo participan no "I día da ciencia na rúa"

A cidade de Vigo vivirá o sábado o seu particular "Día da Ciencia na Rua" organizado pola Asociación Amigos da Ciencias e patrocinado pola Diputación Provincial. Neste evento, alumnos de oito centros escolares de Vigo e arredores terán un protagonismo especial xa que desenvolverán experimentos, xogos e demostracións ante o público na rúa das Avenidas – Paseo do Náutico, en horario de 11 a 19 horas.

Comeza o ciclo de música "Xeración 2000+4"<br />

venres, 28 mai 2004

O Cuarteto de clarinetes DiBaseto será o encargado de dar o concerto de inauguración do festival de música Xeración 2000+4 que organiza a concellería de Cultura e que terá lugar o día 29 ás 20:30 horas no conservatorio de música de Vigo. O cuarteto está formado principalmente por profesores dos Conservatorios de Música de Vigo e nace coa inquietude dos seus compoñentes por dar a coñecer o repertorio de música orixinal para dita formación.

"THE LAST PICTURE SHOW", exposición fotográfica no Marco

venres, 28 mai 2004

A exposición THE LAST PICTURE SHOW: Artistas que usan a fotografía. Tendencias conceptuais de 1960 a 1982, é a exposición que se poderá visitar no MARCO dende o 28 de maio ata o 29 de setembro e trátase dunha producción do Walker Art Center de Minneapolis na que se explora os novos usos e tendencias conceptuais da fotografía durante dúas décadas fundamentais na estética contemporánea.

O luns celebrarse pleno da Corporación Municipal

venres, 28 mai 2004

A Corporación Municipal reunese o luns en sesión plenaria, de carácter ordinario, a partir das nove da mañá, cunha orde do día de 19 asuntos, entre os que figura a aprobación inicial da ordenanza reguladora dos prezos públicos pola utilización do Verbum-Casa das Palabras- e a solicitude de declaración como Ben de Interese Cultural ao conxunto histórico do Casco Vello de Vigo.

Bando

Normas para as fogueiras da noite de San Xoán

venres, 28 mai 2004

As persoas, organizacións ou comunidades que desexan facer unha fogueira e aínda non dispoñan da correspondente autorización deberán solicitala no Rexistro Xeral deste Concello, con cando menos 5 días hábiles de antelación ao evento.Terán que sinalar o lugar elixido así como o nome, enderezo, teléfono e DNI dos/as responsables das organizacións ou comunidades.