Na reunión desta mañá aprobouse inicialmente a modificación do Plan Xeral para o reemprazamento da subestación eléctrica do Castro
xoves, 27 mai 2004
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou por unanimidade solicitar á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia a declaración do Casco Vello de Vigo como Ben de Interese Cultural coa categoría de "Conxunto Histórico", cunha delimitación coincidente coa do planeamento urbanístico en redacción (Pepri do Casco Vello).
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe durante unha visita ás obras a apertura ao tráfico deste tramo de 370 metros de lonxitude e dous carrís de circulación
xoves, 27 mai 2004
O vindeiro martes, 1 de xuño, entrará en funcionamento o paso soterrado de Travesía de Vigo. A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou durante unha visita ás obras, a apertura ao tráfico deste tramo, que financia a empresa constructora do centro comercial da Travesía de Vigo, e que tivo un custo de 6,6 millóns de euros.