Escoitar
Anuncio de Atención Cidadá

Convocatoria de subvencións para actividades de implantación das novas tecnoloxías da comunicación en entidades non lucrativas para o ano 2004

Destinatarios/as: Todas as asociacións cívicas e os centros culturais inscritos/as no Rexistro de Asociacións da Concellaría de Participación Cidadá.

venres, 28 mai 2004
Obxectivo: Mellora dos servizos informáticos e das actividades de implantación das novas tecnoloxías da comunicación.

Documentación e información: poderá recollerse na oficina de Información do Concello de Vigo (praza do Rei, s/n) de 9.00 ás 13.00 horas, excepto festivos, dende o 29 de maio ata o 17 de xuño de 2004.

Entrega da solicitude e outra documentación: No Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou polos medios previstos no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dende o 29 de maio ata o 17 de xuño de 2004