Escoitar

Vigo recibe ao "Queen Mary"

O Concello pon en marcha un dispositivo especial de animación turística ante a chegada a Vigo o día 26 do buque "Queen Mary" prevista para ás oito da mañá no peirao de transatlántico da Estación Marítima .

martes, 25 mai 2004
A concellería de Turismo porá a pe de barco a tres persoas que entregarán documentación turística da cidade aos cruceristas e organizará rutas peonís para as persoas que decidan baixar do cruceiro.

Como medida excepcional a Concellería porá a disposición tamén dos pasaxeiros que o desexen o bus turístico que estará aparcado na Estación Marítima desde ás 8 da mañá . O bus realizará percorridos de dúas horas de duración polos puntos de maior interese turístico da cidade como Samil, Castrelos, o Castro e o centro da cidade.

Tamén está previsto unha actuación do grupo da Escola Municipal de Danza , formado por 14 parellas, de 9.30 h. a 10.30 horas na Estación Marítima.