Escoitar

O Plan Local sobre Drogodependencias e outras adiccións de Vigo sumase ao "Día sen Tabaco"

As entidades do Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións de Vigo sumaronse á celebración do Día Mundial sen Tabaco , que se celebra o 31 de maio, mediante unha acción informativa que se desenvolveu na Lonxa do Concello.

luns, 31 mai 2004
1086007608tabaco.jpg
É sobradamente coñecido o perxuizo que o consumo de tabaco ocasiona nos individuos fumadores, así como no seu entorno familiar e social. En termos de Saúde Pública é un problema de máxima relevancia: a OMS informa que o tabaco pode chegar a se-la principal causa de morte e discapacidade no ano 2020.

Así, as entidades do Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións de Vigo, queren sumarse á celebración do Día Mundial sen Tabaco do 31 de maio de 2004, manifestando o seguinte:
1.- O tabaquismo é unha conducta adictiva que ten tratamentos de probada eficacia.
2.- Corresponde ós Servicios de Saúde dar unha resposta preventiva e asistencial ó problema.
3.- Solicitamos un esforzo presupostario para a asunción por parte do SERGAS dos tratamentos para o tabaquismo e a adecuada dotación de recursos a nivel de Atención Primaria das Unidades especializadas en conductas adictivas, para poder levar adiante un plan asistencial do tabaquismo coordinado e integrado.
Descargar todas as imaxes