A alcaldesa de Vigo e presidenta da Fundación Provigo, Corina Porro, e mailo rector da Universidade, Domingo Docampo, asinaron un convenio de colaboración entre ambas institucións
venres, 4 xuñ 2004
A Fundación Provigo e a Universidade colaborarán na promoción de actividades congresuais de carácter educativo e cultural. A presidenta do Padroado da Fundación Provigo e alcaldesa, Corina Porro, e mailo rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre ambas institucións a través do cal a fundación aportará unha achega de 10.000 euros á Universidade para contribuir á organización de eventos de carácter educativo-cultural e investigador.
venres, 4 xuñ 2004
A concelleira Lucía Molares presentou a programación que desenvolevrán os meses de xuño,xullo e agosto os departamentos de Xuventude e Deportes. A concelleira sinalou a participación dos colectivos xuvenis tanto no deseño como na promación das actividades.
venres, 4 xuñ 2004
O Renacemento o Barroco centran novamente o repertorio do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura co patrocinio da Fundación CaixaGalicia. Os concertos terán lugar os días 12, 19 e 21 de xuño ás 21.00 horas na concatedral San María de Vigo, con entrada libre ata completar a capacidade.
venres, 4 xuñ 2004
Este fin de semana comeza unha nova proposta de actividades no parque do Castro, denominada CastroeXpresión; unha proposta que se levará a cabo o longo dos 4 sábados do presente mes de xuño.
venres, 4 xuñ 2004
O luns, día 7, ás 9 horas celebra reunión ordinaria a Xunta de Goberno Local co seguinte orde do día:
<br />
venres, 4 xuñ 2004
Co gallo do desenvolvemento do Día da Muiñeira 2004, que terá lugar o vindeiro domingo 6 de xuño, ás 12.00 horas na rúa Venezuela, adoptaranse as seguintes medidas de tráfico:
Anunio <br />
venres, 4 xuñ 2004
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31 de maio, por proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou o procedemento de selección de expertos docentes necesario para as accións formativas do proxecto Alicerce (posto en marcha no marco da Subvención Global do Fondo Social Europeo).
Anuncio <br />
venres, 4 xuñ 2004
A Xunta de Goberno Local en sesión 24 de maio do presente ano acordou promover a concorrencia de solicitudes para:CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ E DE MELLORA ORGANIZATIVA DAS ENTIDADES. ANO 2004