Rematan as obras de acondicionamento e rexeneración dos accesos ás praias Baluarte e Fontaiña
A partires de agora os vigueses poden pasear dende a praia de O Vao ata a da Fontaiña. As obras de acondicionamento e rexeneración da zona comprendida entre os arenais de Baluarte e Fontaiña, na parroquia de Coruxo, remataron estes días. A Deputación Provincial de Pontevedra subvencionou esta actuación, que tivo un orzamento de 99.090,16 euros e que foi dirixida polos servicios técnicos municipais.
![1086350861paseo1.jpg 1086350861paseo1.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1086350861paseo1.jpg)
O proxecto, que escomenzou o pasado mes de febreiro, consistiu no acondicionamento dos accesos a estas praias, dende os arenais de O Vao ata a estrada de Canido, favorecendo a rexeneración da zona de dunas, en coordinación coa actuación que leva a cabo o grupo Erva. Tamén incluiu a creación dunha pequena zona de estancia, dotouse de servicios de praia ao ámbito da actuación e controlouse o acceso de vehículos.
Así, instalouse unha pasarela de madeira de pino vermello, creouse unha zona enlosada de pedra, unha zona verde, instalaronse catro bancos de pedra, 2 papeleiras, 2 duchas de aceiro inoxidable, 1 bebedeiro e 12 columnas de alumeado de 5 metros e 70 watios e plantaronse 8 pinus halepensis e 10 pinus pinea.
Así, instalouse unha pasarela de madeira de pino vermello, creouse unha zona enlosada de pedra, unha zona verde, instalaronse catro bancos de pedra, 2 papeleiras, 2 duchas de aceiro inoxidable, 1 bebedeiro e 12 columnas de alumeado de 5 metros e 70 watios e plantaronse 8 pinus halepensis e 10 pinus pinea.
![1086350861paseo1.jpg 1086350861paseo1.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1086350861paseo1.jpg)
![1086350878paseo2.jpg 1086350878paseo2.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1086350878paseo2.jpg)
![1086350891paseo3.jpg 1086350891paseo3.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1086350891paseo3.jpg)