Presentado o ciclo de "Música Sacra"
O Renacemento o Barroco centran novamente o repertorio do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura co patrocinio da Fundación CaixaGalicia. Os concertos terán lugar os días 12, 19 e 21 de xuño ás 21.00 horas na concatedral San María de Vigo, con entrada libre ata completar a capacidade.
O programa presentouno hoxe o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, que estivo acompañado do director do ciclo e do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Roberto Relova e a xerente da Fundación CaixaGalicia, Teresa Porto.
O sábado, 12 de xuño, Música Reservata de Barcelona ofrecerá o mellor Renacemento español con obras de Tomás Luis de Vitoria, Gutiérrez de Padilla e Francisco Guerrero, o cantor mariano por excelencia.
Da man do Ensemble Barroco do Chiado-Lisboa coa soprano Luisa Tavares, descubrirase o sábado 19, un repertorio infrecuente: o Barroco portugués , cun autor capital, Antonio de Almeida a unha das súas obras mestras: o oratorio "La Giuditta" . O seu programa complétase con outros autores portugueses .
O luns, 21de xuño, o grupo Diapente Ensemble coa soprano Mercedes Hernández, ofrecerá unha mostra do máis granado do arte musical sacro na Venecia do século XVII: Monteverdi, Viadana, Strozzi e outros autores menos coñecidos.
Descargar todas as imaxes