Escoitar

O MARCO recibe 100.000 visitas desde a súa apertura

A presidenta da Fundación Marco, Corina Porro, e o presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán , asinaron hoxe un convenio, dotado con 150.250 euros, que ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades culturais de investigación, educación, formación, conservación, exhibición e difusión da arte e a cultura contemporáneas.

xoves, 3 xuñ 2004
1086265419museo5.jpg
MARCO
Neste senso, cómpre salientar que a Fundación presta especial atención á producción artística da comunidade galega, pero tamén á estatal e á internacional, promovendo a estimulación da sensibilidade da sociedade en relación coa cultura actual.

O museo, de titularidade municipal, dispón de 10.007 metros cadrados dos cales 3.500 están destinados a salas de exposicións e da colección. Forma parte da Rede Española de Museos, que propón unha relación integrada na que considera a totalidade das actividades museísticas de cada membro integrante como obxecto posible de colaboración futura. O Marco está xestionados a través dunha fundación na que participan xunto ó Concello de vigo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Caixanova, que foron os promotores deste proxecto, fundado en outubro do 2002.

Por outra banda, no mesmo acto a directora do MARCO, Carlota Álvarez Basso presentou a Memoria de Actividades 2002-2003, recentemente publicada, que recolle as actividades do Museo desde a data de apertura de portas, novembro de 2002, ata o 31 de decembro de 2003. Basso congratulouse das 100.000 visitas que recibiu o Museo ata o momento, así como da programación de exposición temporais dedicadas á producción artística recente nos máis variados ámbitos creativos ( artes plásticas, arquitectura ou deseño).

A Memoria informa de aspectos como da Fundación Marco, edificio, proceso inaugural, agrupación Amigos do MARCO, exposicións temporais, publicacións, programas didácticos, programas para escolares, títeres, contos, obradoiros infantís, diálogos e actividades paralelas.

Finalmente a directora do MARCO presentou a nova tenda librería do museo acompañada de José Mario Melo, administrador da sociedade IN-ÚTIES España S.L. , sociedade adxudicataria para a xestión deste establecemento.
1086265419museo5.jpg
1086340695conveniomarco.jpg
Descargar todas as imaxes