A sinatura dun convenio coa empresa FEMXA facilita a formación en novas tecnoloxías de persoas desempregadas
A concelleira da Área de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Lucía Molares, asinou esta mañá un convenio coa empresa Femxa Formación,S.L. na liña de establecer un canal de cooperación na formación ocupacional polo que persoas desempregadas se beneficiarán de formación gratuíta de cursos de novas tecnoloxías da información.
Os cursos desenvolveranse en "Aula Aberta", espazo de teleformación promovido por Femxa e dotado con dezaoito equipos informáticos. As becas de formación cedidas ao servicios de Desenvolvemento Local e Emprego ascenden a dez. O Concello de Vigo, pola súa parte, non adquire ningunha obriga , só informar e derivar a "Aula Aberta", a través do Servicio de Orientación Laboral (SOL), a persoas desempregadas.
Dado que o concepto de formación a desenvolver, na modalidade e-learning, require dun dominio informático básico, no espacio "Aula Aberta" haberá de forma permanente un titor presencial que facilitará o acceso ao sistema a aquelas persoas con menores, ou escasos, coñecementos informáticos, ao tempo que resolverá as dúbidas que xurdan no proceso da aprendizaxe.
Este convenio subscríbese no marco do Plan Municipal de Emprego 2004-2007 co obxecto de mellora-la ocupabilidade das persoas desempregadas e facilita, desta maneira, a súa inserción no mercado laboral.
Descargar todas as imaxes