O Día da Muiñeira congregará 2.600 participantes na rúa Venezuela
A Concellería de Festas e El Corte Inglés patrocinan o Día da muiñeira que se celebrará o domingo 6 de xuño na rúa Venezuela con 156 grupos participantes procedentes de toda a provincia.
O Día da muiñeira chega á súa 34 edición baixo a dirección de Wenceslao Cabezas "Polo" e coa colaboración de El Corte Inglés desde que se asentou na cidade. Durante unha hora , a partir das 12 h., 2.600 persoas bailaran unha muiñeira, unha xota e unha ribeirana .
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, manifestou a importancia deste día na difusión do folclore tradicional que se completa cos acto de "Ensalzamento do traxe Galego" o 19 de xuño e coa Mostra do Traxe o 30 de xullo. Na presentación do Día da Muiñeira tamén participaron o xefe de Relacións Externas de Galicia de El Corte Inglés, José Manuel Blanco, e Wenceslao Cabezas "Polo", director da Escola Municipal de Danza.
Descargar todas as imaxes