Inicio da campaña "De boa man" de productos realizados por persoas con discapacidade
Unha carpa instalada na rúa do Príncipe será o escenario da exposición da campaña "De Boa Man" os días 2, 3 e 4 de xuño. Trátase da sexta edición da mostra de divulgación de productos realizados por persoas con discapacidade e que está promovida pola Concellería de Benestar Social e financiada pola Obra Social de CaixaGalicia.
O obxectivo desta actividade é involucrar a todo o tecido social da cidade cara á integración social das persoas con discapacidade, así como ofertar un comercio alternativo e máis solidario.
Na exposición participan sete entidades para persoas con discapacidade que dispoñen de centro ocupacional, como APAMP ( Asociación de Pais de Minusválidos da Provincia de Pontevedra), ASPANAEX (Asociación a prol das Persoas con Discapacidade Intelectual), DOA (Asociación de Axuda ó Enfermo Mental), Fundación Menela (Fundación a prol das Persoas con Trastorno do Espectro Autista) , San Rafael, ALENTO (Asociación de Dano Cerebral de Vigo) e ASPAVI ( Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo).
Na mostra ademais de expor e vender artigos e productos tamén repartiranse folletos informativos sobre a campaña, facendo especial fincapé na información sobre as entidades de discapacitados que participan.
Descargar todas as imaxes