A alcaldesa solicita unha reunión coa ministra de Fomento sobre infraestructuras de comunicación para Vigo
A alcaldesa Corina Porro remitiu hoxe unha carta á ministra de Fomento, Magdalena Álvarez solicitándolle unha reunión para tratar, entre outros asuntos, do anuncio realizado por RENFE polo que os pasaxeiros do área Vigo-Ourense deberán realizar un transbordo para poder conectar con Madrid vía Talgo, debido, supostamente ao accidente ocorrido hai uns días en Linarejos (Zamora). Ademais a compañía ferroviaria asegura que a liña non disporá de máquina Talgo ata o ano 2005.
A misiva da alcaldesa engade que "esta preocupación sumase aos anuncios realizados por ese Ministerio segundo a conexión de Alta Velociade de Vigo con Ourense por Cerdedo, contemplase como unha proposta máis, cando Vigo xa obtivera este compromiso certo de Fomento. Ademais, engade a carta, coñece vostede por anteriores escritos, a nosa preocupación por obter unha estación de ferrocarril pasante, que permita a autentica conexión AVE do Eixo Atlántico. Da información de que dispoñemos respecto ao estudio que realiza ese Ministerio na actualidade, desprendese que o AVE non alcanzará o termino municipal de Vigo na cota necesaria para poder entrar na cidade enterrando o acceso, situación imprescindible para que a estación de ferrocarril sexa verdadeiramente pasante"
"Ademais, as confusas declaracións sobre o novo trazado da autovía Vigo_porriño dos seus responsables –indicando a construcción dun terceiro carril- cando o novo trazado é un compromiso firma coa cidade de Vigo e os inaceptables retrasos que está sufrindo a posta en marcha do ILS no aeroporto de Vigo xeran unha situación de preocupación no conxunto da cidadanía, a quen os responsables políticos debemos dar resposta".
A alcaldesa remata a carta manifestando que "a necesidade a a urxencia de incorporar ao Plan Xeral de Ordenación Municipal parte deas importantes cuestións, como o acceso do AVE a Vigo o o novo trazado da autovía Vigo-Porriño, a urxente desafectación dos terreos do edificio coñecido como Casa Mar por parte de Portos del Estado, cuio expediente administrativo está rematada á espera, únicamente, da súa forma, como xa lle trasladei en anteriores escritos, argumentan, entendo, unha urxente reunión coa ese Ministerio".
Descargar todas as imaxes