A Corporación manifestarase cada vez que se produza un asasinato por violencia de xénero
O Pleno da Corporación Municipal aprobou, por unanimidade, que o Concello manifeste a súa condea á violencia de xénero mediante a convocatoria dunha concentración ás 12 h na Praza do Rei e gardar un minuto de silencia en cada sesión plenaria, cada vez que se produza un novo asasinato.
A corporación aprobou todos os asuntos que se levaron á sesión plenaria, entre os que figuraba a ordenanza reguladora dos prezos públicos pola utilización do Verbum, polo que a tarifa xeral de entrada será de 3 euros. Establécense tamén criterios para tarifa reducida e gratuíta, así como unha tarifa de utilización de dependencias.
Acordouse solicitar da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia a declaración do Casco Vello de Vigo como Ben de Interese Cultural coa categoría de "Conxunto Histórico", así como a sinatura dun convenio marco de colaboración , como mecanismo de apoio operativo ó proceso de protección, conservación, acrecentamento e difusión do patrimonio cultural do Casco Vello, a través das accións, incentivos, investimentos e demais medidas de fomento que resulten procedentes.
A Corporación aprobou as mocións presentadas polos grupos municipais de DPG e BNG, referidas ao Plan Galicia, sobre o porto de Vigo e os cítricos, a realización da terceira fase do paseo do Lagares, sobre a accesibilidade nos aparcadoiros públicos e a dotación dunha ambulancia medicalizada e outra asistencial para a Área Sanitaria Sur da provincia.