Escoitar
O areal de Samil e o de Rodas, en Cíes, recuperan esta distinción

Sete praias de Vigo acadan a bandeira azul da Fundación Europea de Educación Ambiental

Samil, Rodas, A Punta (Teis), O Tombo do Gato, Argazada, O Vao e Canido serán as praias viguesas distinguidas coa bandeira azul que concede a Fundación Europea de Educación Ambiental. A falla da inspección final que realizan responsables deste organismo, este ano son sete os areais vigueses con esta distinción.

mércores, 2 xuñ 2004
1086181545bandeiraazul.jpg
A praia de Samil recupera así o galardón, ao que se suma este ano tamén a praia de Rodas, nas Illas Cíes, afectada o pasado verán polo verquido do petroleiro Prestige. A distinción da Fundación Europea de Educación Ambiental acredita a sostenibilidade, accesibilidade, seguridade e calidade das praias.

A Concellería de Medio Ambiente e o recentemente creado Órgano Xestor de Praias traballan na posta en marcha dos areais vigueses para o inicio da tempada de verán.

As praias de Cíes, aptas para o baño

Por outra banda, o laboratorio municipal do Concello de Vigo realizou a pasada semana o seu último análise á auga das praias das Illas Cíes, que concluíu que todos os areais son aptos para o baño, incluído o de Figueiras. O Concello, como fai de xeito regular, recolleu mostras da auga das praias de Cíes e das do termo municipal de Vigo.

As mostras recollidas nas Illas Atlánticas amosan que a auga de todos os areais está en perfectas condicións.
Descargar todas as imaxes

Máis información