Visitas guiadas á exposición "Reconquista:1809"
Cerca de 5000 persoas visitaron a exposición da Reconquista que se presenta actualmente no museo "Quiñones de León" e que se poderá visitar ata o 25 de xullo.A exposición reúne, por primeira vez en Galicia, numerosos obxectos e testemuños da Guerra da Independencia, particularmente de Vigo e o seu acontecemento principal, a Reconquista, acontecido o 28 de marzo de 1809.
No mes de xuño rematan as visitas para colexios e da comezo o programa de visitas guiadas aberto a toda clase de grupos en horario de mañá, de luns a venres, previa reserva no teléfono 986 29 50 70/75.
A visita libre, que é gratuita, pode facerse diariamente pola tarde, salvo luns e domingos, ata o 25 de xullo, data en que pechará a exposición.
"Reconquista:1809"
A exposición significa o primeiro achegamento ó público vigués dos acontecementos da Reconquista a través unha mostra. Tratase de explicar os feitos e personaxes principais que interviron nos acontecementos de 1809 a través de paneis informativos e a exposición de obxectos de época que conserva o propio museo ou cedidos por outros da comunidade: bandos militares, armamento da época, bandeiras.
A exposición está disposta en tres seccións. A primeira refírese ó contexto da Reconquista : a guerra da Independencia española , a guerra da Independencia en Galicia e Vigo 1809. A segunda sección trata do feito histórico da Reconquista: a invasión, a reconquista, a retirada das tropas francesas, as consecuencias inmediatas e os grandes protagonistas. A terceira sección da exposición leva cara ó bicentenario 1809-2009: primeiro centenario e outras conmemoracións posteriores, presencia da Reconquista na cidade de Vigo nas rúas e monumentos e bibliografía seleccionada sobre a Reconquista de Vigo.
Descargar todas as imaxes