Ampliación de horarios nas ludotecas da concellería de Xuventude
Coa chegada do verán e co remate das clases as ludotecas do Concello de Vigo dedican máis tempo e programas especiais para os máis xoves.
A Ludoteca da Casa da Xuventude abrirá pola mañá ,en horario de 10:30 a 13:30 os días s 28, 29 e 30 de xuño , ademais do horario habitual de tarde. Neste mes dedicarán as actividades a lograr un ambiente de cooperación entre os asistentes, con xogos coñecidos e de carácter participativo. Dúas datas especiais polo medio, que serán "A festa do humor", o día 18, e a "Fogueira de San Xoán" onde asarán chourizos e sardiñas.
As Ludolimpiadas centrarán as actividades de Lavadores, onde as probas a realizar serán diferentes e divertidas, coma os cen metros con carreira de sacos, ou a maratón convertida a labirinto. De todos xeitos esta ludoteca mantén o seu horario habitual en xuño, así coma certas actividades de carácter periódico coma o recuncho de educación vial ou a información aos pais e nais.
Na ludoteca de Coruxo aproveitarán a Eurocopa para dar a coñecer Portugal cunha oferta de actividades que mestura o lúdico e o cultural, con propostas coma obradoiros de azulexos, galos de Barcelos, xantares portugueses, lingua portuguesa e outros. Ademais de todo esto e como actividades especiais, están programadas viaxes e actividades na praia e unha excursión ás Illas Cíes.
A ludoteca do Calvario aproveitará o bo tempo para facer actividades externas, ambientadas en temas coma os "piratas", con busca de tesouro, mapas e outros, os xantares e a chegada do verán. Ademais da programación mencionada, consérvanse as actividades periódicas coma as proxeccións de cine, os xogos predeportivos, de cooperación, competición e animación. Nesta ludoteca mantense o horario que veñen tendo durante o curso escolar de 17:00 a 20:00 horas.
A outra ludoteca que amplía o seu horario é a de Coia, que os días 28, 29 e 30 abre pola mañá de 10:30 a 13:30 horas e mantén o horario de tarde. A ambientación das actividades xirará en torno aos "indios", con xogos e obradoiros coma construcción de tipis, tótems, atrapasoños, colgantes, instrumentos, rastreos e incluso un concurso de danzas para rematar cunha merendola india.