Vigo acollerá o Campionato de Galicia de Fondo para Elite, Sub 23 e Sub 21
A Concellería de Deportes patrocina o "Campionato de Galicia de Fondo en Carretera" para as categorías Elite, Sub 23 e Sub 21, que terá lugar o próximo día 12 deste mes ás 14:00 horas, baixo a organización da Federación Galega de Ciclismo, e a Colaboración da Deputación de Pontevedra, Deporte Galego Caixanova e Coca Cola.
A presentación da proba, de 130 kilómetros e con saída e chegada xunto ao Estadio Municipal de Balaidos, estivo presidida pola Concelleira de Deportes do Concello de Vigo, Lucía Molares, quen estivo acompañada do Presidente e Secretario Xeral de Federación Galega de Ciclismo, Manuel Martínez e Pedro Alfaro, ademáis do Seleccionador Galego e Técnico da FGC, Guillermo Sande.
Lucía Molares mostrou o seu agradecemento á FGC "pola importancia que ten para Vigo acoller unha proba destas características, que supón unha mostra máis do interés do Conello por levar a cabao iniciativas do ámbito social, cultural e deportivo".
Descargar todas as imaxes