Escoitar
A alcaldesa de Vigo e presidenta da Fundación Provigo, Corina Porro, e mailo rector da Universidade, Domingo Docampo, asinaron un convenio de colaboración entre ambas institucións

Fundación Provigo e Universidade colaboran na promoción de actividades congresuais

A Fundación Provigo e a Universidade colaborarán na promoción de actividades congresuais de carácter educativo e cultural. A presidenta do Padroado da Fundación Provigo e alcaldesa, Corina Porro, e mailo rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre ambas institucións a través do cal a fundación aportará unha achega de 10.000 euros á Universidade para contribuir á organización de eventos de carácter educativo-cultural e investigador.

venres, 4 xuñ 2004
1086355085provigo.jpg
Entre as actividades congresuais que desenvolverá a Universidade de Vigo están a "Olimpiada Nacional de Física" e a "Asamblea Xeral da conferencia de Reitores das Universidades Españolas-CRUE", actos de trascendencia e proxección pública pola relevancia dos seus asistentes.

A Fundación Provigo entende que a organización de congresos na entidade educativa contribúe a prestixiar unha imaxe de Vigo como cidade moderna e innovadora e constitúe un factor importante na dinamización da actividade económica local, en particular a relacionada co lecer e os servicios.
Descargar todas as imaxes