Selección expertos docentes-titores Proxecto Alicerce
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31 de maio, por proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou o procedemento de selección de expertos docentes necesario para as accións formativas do proxecto Alicerce (posto en marcha no marco da Subvención Global do Fondo Social Europeo).
O Proxecto Alicerce necesita expertos docentes (con funcións, ademais, de titorizacion de prácticas) en:
MEDIACIÓN INTERCULTURAL 1.Tempo máx de contrato:8 meses
ADICIONS E CONDUTAS DE RISCO1.Tempo máx de contrato:7 meses
ANIMACIÓN 3ª IDADE E DISCAPACIDADE: 2.Tempo máx de contrato: 8 meses (edic 1);2 meses (edic 2)
*Caberá a posibilidade de contratar a un ou varios docentes-titores, a xornada completa ou parcial, atendendo as candidaturas presentadas e os diferentes módulos formativos.
Para impartir estes cursos é necesario:
- Formación universitaria relacionada co contido do curso (ámbito das ciencias sociais).
- Experiencia profesional e/ou docente relacionada co contido do curso.
- Valorarase experiencia en titorización de prácticas relacionadas co contido do curso.
DATAS E PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
As persoas candidatas deberán cubrir a solicitude para ser incluídos/as na base de expertos docentes da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego e presentar o seu curriculo con todos os méritos debidamente acreditados (DNI, vida laboral, títulos académicos, certificados de empresa/contratos laborais) para a súa valoración, nas instalacións do Proxecto Alicerce , ata o día 18 de xuño de 2004.
Unha vez puntuados os curriculos,as persoas aspirantes con maior puntuación pasarán por unha entrevista persoal ou proba específica.
O procedemento e baremo aplicable neste proceso de selección estarán expostos nas dependencias do Proxecto Alicerce.
Máis información: Proxecto Alicerce -Avda. Martínez Garrido, 21 int. baixo – 36205 Vigo
Tlf.: 986-26.63.20 Correo electrónico: alicerce@vigo.org http://emprego.vigo.org