Escoitar

CastroeXpresión 2004, un territorio para a Xuventude

Este fin de semana comeza unha nova proposta de actividades no parque do Castro, denominada CastroeXpresión; unha proposta que se levará a cabo o longo dos 4 sábados do presente mes de xuño.

venres, 4 xuñ 2004
A Concellería de Xuventude desenvolve esta actividade dentro do programa "Súbete o Castro" integrado no plan NEXUS de dinamización xuvenil. Durante estes días de programación os organizadores pretenden implicar na definición e realización das actividades as distintas asociacións xuvenís e grupos que veñen participando nos programas da concellería.

O programa de actividades contará nas tardes de cada un dos sábados ca participación de asociacións ou organizacións de distintos ámbitos. Así por exemplo este primeiro sábado día 5 estarán representadas as organizacións de tempo libre, o próximo sábado día 12, as protagonistas serán as asociacións que traballan con persoas discapacitadas, e o día 19 serán organizacións aricadas a cooperación internacional, que serán as que propoñan actividades para os mais novos.

Outro dos atractivos estará arredor do humor xa que tamén cada un dos días haberá unha actuación dun xove humorista local, reproducindo a súa particular visión do club da comedia, con monólogos de humor para tódolos públicos.

Polas noites, a partires das 22:30, tódolos sábados o interese centrarase nun concerto de música con grupos locais

As actividades compleméntanse con actuacións de malabaristas e paiasos que realizarán actuacións improvisadas por todo o parque.

Para o día 26 as actividades amplíanse tanto en horario como en contidos, destacando a interesante oferta en deportes de aventura, na que poderemos atopar unha tirolina de máis de 60m de recorrido, rocódromo, rappel,... ademais de outras ofertas como exhibicións de capoeira e guitarra eléctrica, xogos de rol en vivo, combates de improvisación teatral.

Pero sen dúbida un dos principais atractivos da castroexpresión do día 26 estará na mostra das asociacións participantes no programa e sobre todo na oferta que nos fagan de actividades, de productos, de obradoiros.