O Concello destinará 300.000 euros na reparación de beirarrúas
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto básico e de execución de reparación xeral de beirarrúas do Concello por un importe total de 300.000 euros, e segundo informou o concelleiro de Servicios Xerais, José Manuel Iglesias Carrera.
Aprobouse tamén o texto do convenio de colaboración coa Fundación Aldaba para realizar un programa de atención e de actividades para as persoas maiores non dependentes. A Concellería de Benestar Social pretende realizar un programa piloto específico de atención aos maiores non dependentes ,tendo en conta que este grupo son maioría no colectivo de maiores. O programa piloto executarase durante cinco meses e ten un gasto de 6.000 euros.
Pola súa parte o concelleiro, José Manuel Figueroa, expresou a felicitación do equipo de goberno municipal a Francisco López Peña polo seu nomeamento como novo delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca e expresou o desexo de que as relacións entre as dúas institucións sexan boas debido á importancia que ten a Zona Franca no desenvolvemento da cidade.
Descargar todas as imaxes