mércores, 9 xuño 2004

O Concello cederá un edificio na rúa Mestres Goldar para a creación do "Fogar do Músico"

O Concello iniciará os tramites para a cesión dos locais dunha escola taller municipal situada na rúa Mestres Goldar número 22 para a creación do "Fogar do Músico". Este compromiso asumiuno a alcaldesa, Corina Porro, no transcurso dunha reunión que mantivo esta mañá con representantes da Federación de Bandas Populares de Música, representantes das Corais e da orquestra Sinfoneta. Na reunión a alcaldesa estivo acompañada polo concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves.

Concerto da pianista Grace Nikane no ciclo Xeración 200+4

mércores, 9 xuñ 2004

Coa actuación da pianista Grace Nikane o xoves, día 10, continua a programación do ciclo de música de novos intérpretes Xeración 2000+4 que organiza a concellería de Cultura co patrocinio de CaixaGalicia. O concerto terá lugar ás 20:30 horas no salón do conservatorio superior de música de Vigo.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 9 xuñ 2004

A Xerencia de Urbanismo tratará na sesión que celebra o xoves, día 10, da aprobación inicial da ordenanza municipal de axudas á rehabilitación de Bouzas e a solicitude de declaración como Ben de Interese Cultural ao conxunto histórico de Bouzas. A xuntnaza comenzará ás 10 da mañá co seguinte orde do día: