Aberto o prazo para participar no V Ensalzamento do traxe galego
A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, organiza o "V Ensalzamento do traxe galego", que terá lugar o sábado día 19 de xuño de 2004, a partir das 21’00 horas, na praza do Berbés.
Poderán participar neste evento cantas persoas o desexen, para tomar parte no concurso e optar aos premios deberán cubrir a solicitude de inscrición que poderán recoller e presentar persoalmente, ou ben por fax, na secretaría da Escola Municipal de Danza (Casa do Concello, soto 1º, teléfono 986.81.01. 67; fax 986.81.01.67 ou 986.22.16.66).
Nesta solicitude deberán sinalar os seguintes datos: nome, apelidos e enderezo da persoa que mostre o traxe; se este é antigo ou moderno, de gala ou decotío; comarca de procedencia e época á que pertence. No apartado de "observacións" consignaranse o maior número de datos aclaratorios posibles para unha mellor identificación, así como os elementos que compoñen o traxe.
O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14’00 horas do día 17 de xuño; non se admitirá ningunha solicitude recibida con posterioridade á hora e data indicadas, calquera que sexa o motivo do retraso.
Todos os traxes feitos na actualidade deberanse inscribir como "Traxe moderno", e será imprescindible que garden o canon do traxe antigo. Pola súa banda, os traxes antigos deberanse presentar como tales, con referencia detallada aos seus antecedentes e procedencia. Calquera que sexa o traxe, antigo ou moderno, os seus adornos haberán de ser de cristal, acibeche ou cera vidrada, os agremáns ou pasamanerías de fío, seda ou algodón, e no seu feitío axeitaranse aos patróns tradicionais.
Será condición imprescindible que todas as pezas que compoñen o traxe en exhibición formen un conxunto completo e homoxéneo. Non poderán combinarse pezas de distinta comarca.
O xurado, no momento da súa deliberación, terá moi en conta a calidade e autenticidade do traxe e de cada unha das pezas que o compoñen e mais os restantes elementos da indumentaria, incluídos calzado, adobíos, peiteado, etc. O xurado do concurso estará presidido polo concelleiro de Festas e Animación Sociocultural e composto por catro persoas vinculadas ao mundo da cultura tradicional galega. Un técnico do Concello de Vigo actuará como secretario, con voz e sen voto. En caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.
O xurado examinará os traxes inscritos para o concurso o sábado día 19 de xuño, ás 17’30 horas, no auditorio da Casa do Concello. Posteriormente, concentraranse ás 19’30 horas na praza do Rei, para desfilar a partir das 20’00 horas polas rúas que lles indique a organización. Unha vez chegados á praza do Berbés, darase a coñecer o veredicto do xurado e realizarase a entrega de premios.
Os premios establecidos para o concurso por categorías serán os seguintes:
PREMIO TRAXE ANTIGO
Home:230.-€.
Muller:230.-€
PREMIO TRAXE DECOTÍO
Home:230.-€
Muller:230.-€
PREMIO TRAXE MODERNO
Home:
1º premio:230.-€
Muller:
1ºpremio:230.-€
Neno:
1º premio:agasallo.
Nena:
1º premio:agasallo.
No apartado de nenos/as para os traxes modernos poderán participar os/as menores de 16 anos; no de mulleres e homes en todas as categorías, a partir dos 17 anos.
PREMIO ESPECIAL de 310,51.-€, para o grupo que seleccione o xurado de entre os formados por máis de 10 persoas, que se inscriban como asociación, grupo folclórico ou similar, e que ningún dos seus membros estea inscrito no concurso de xeito individual.
Os premios estarán suxeitos á normativa fiscal que sexa de aplicación.
Todos os participantes no desfile polas rúas do percorrido recibirán un diploma de participación; pola súa banda, todos os que tomen parte no concurso serán obsequiados pola organización cun agasallo.
Descargar todas as imaxes