Escoitar

A alcaldesa inaugura o congreso comarcal de CC.OO. de Vigo

"O movemento sindical ten a responsabilidade de reflexionar sobre a diversidade que existe entre os traballadores europeos e toma-la iniciativa para unha Europa social e laboral en igualdade para todos e todas". Con estas palabras dirixiuse esta mañá a alcaldesa Corina Porro na inauguración do V Congreso da Unión Comarcal de CC.OO. de Vigo que se celebra no centro social Caixanova.

martes, 8 xuñ 2004
1086697938comisiones.jpeg
Corina Porro subliñaba tamén que coa recen incorporación dos países do leste, a Europea dos 25 afronta o seu desafío principal: a constitución europea, o marco referencial da Europa que queremos. E por iso debemos influir. Porque o modelo económico e social europeo será o noso propio modelo.

A alcaldesa tamén tivo palabras de agradecemento á Manel Fernández que deixa a directiva comarcal do sindicato.
Descargar todas as imaxes

Máis información