Escoitar

Pleno, sesión extraordinaria e urxente

Orde do día para a sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación que terá lugar o día 14 de xuño de 2004, ás doce horas, no salón de Plenos deste Concello.

venres, 11 xuñ 2004
XUSTIFICACIÓN DA URXENCIA.- De conformidade co sinalado na Disposición Transitoria Primeira da Lei 57/2003, do 16 de decembro, de Medidas para a Modernización do Goberno Local, o Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo debe atoparse en funcionamento o próximo día 1 de xullo, polo que, tendo concluido no día de hoxe o prazo para a presentación de reclamacións e suxerencias ó acordo de aprobación inicial, procede acadar, no prazo máis breve posible, a aprobación definitiva do Regulamento mencionado a fin de establecer a súa íntegra publicación no BOP e incoar o procedemento de selección dos cargos que o integrarán segundo o sistema previsto no mesmo Regulamento.

A brevedade dos prazos mencionados xusutifica a urxencia da sesión extraordinaria que se convoca para o próximo luns, día 14 de xuño, ás 12,00 horas, con arranxo á seguinte orde do día:

1.- Ratificación da urxencia.

2.- Substitución de representante do grupo municipal do BNG no Padroado da Fundación Museo de Arte Contemporánea de Vigo-MARCO.

3.- Substitución de representante do grupo municipal do BNG no Pleno da Mancomunidade de Municipios.

XESTIÓN MUNICIPAL

4.- Aprobación definitiva do Regulamento Órganico do Tribunal Económico-Administrativo municipal do Concello de Vigo.

5.- Escrito da entidade financeira "Caixanova" solicitando a designación dos representantes municipais na súa Asemblea Xeral.

6.- Proposta de modificación do acordo de data 19 de xaneiro de 2004, polo queu se nomeou representante municipal no Padroado da Fundación "Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo".

7.- Proposta de modificación do acordo de data 29 de decembro de 2003, polo que se adxudicou subhasta relativa ó alleamento do aproveitamento urbanístico municipal existente na parcela denominada "Finca Solita".

MOCIÓNS

8.- Moción da Alcaldía propoñendo dar o nome de "Escritor Salvador García Bodaño-Zunzunequi" ó Centro Cívico de Teis.