xoves, 17 xuño 2004
Corina Porro manifestou hoxe durante a presentación do salón que "Vigo non podía perder esta oportunidade"

A alcaldesa destaca a importancia da celebración de Vigo Náutica Internacional que supón o pistoletazo de saída a un ano marcado pola náutica

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, destacou durante a presentación de Vigo Náutica Internacional que "hoxe é un día importante para Vigo" e que "a cidade non podía perder a oportunidade de celebrar este evento, que suporá o pistoletazo de saída a un ano que terá como protagonista ao mundo da náutica, coa saída de Vigo da Volvo Ocean Race". Corina Porro indicou que "é responsabilidade do Concello querer sacar adiante o salón pola importancia que ten para Vigo".<br />

O Campus Polideportivo de Vigo comezará o 28 de xuño

xoves, 17 xuñ 2004

200 nenos e nenas poderán participar na V edición do Campus Polideportivo Vigo 2004 que se desenvolverá entre os días 28 de xuño ao 2 de xullo. O campus está organizado pola Fundación Vigo en Deporte en colaboración co Instituto Municipal dos Deportes e dos equipos de elite da cidade. A inscrición estará aberta dende o 17 ao 23 de xuño.

Concerto "Toca Vigo"

xoves, 17 xuñ 2004

O venres, 18 de xuño, ás 22:30 horas, terá lugar no Monte do Castro o Concerto Toca Vigo no que participarán os grupos: La verdad de los locos, Runa e Marabú. Este concerto é froito da colaboración que a Concellería de Xuventude e a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo manteñen, durante todo o curso, dentro do programa Toca Vigo.