Concerto "Toca Vigo"
O venres, 18 de xuño, ás 22:30 horas, terá lugar no Monte do Castro o Concerto Toca Vigo no que participarán os grupos: La verdad de los locos, Runa e Marabú. Este concerto é froito da colaboración que a Concellería de Xuventude e a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo manteñen, durante todo o curso, dentro do programa Toca Vigo.
Toca Vigo é un programa promovido pola Concellería de Xuventude co ánimo de apoiar as iniciativas musicais dos grupos e solistas noveis da nosa cidade. Este programa abrangue eidos como: información, locais de ensaio, formación (cursiños de guitarra, baixo, batería, etc.), divulgación e promoción a través da organización de concertos, guía de grupos na páxina web e, tamén, a gravación dunha maqueta, gracias a colaboración da Aula de Son da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
O Concerto Toca Vigo quere ser, pois, o colofón desta colaboración durante todo o curso , xa que os grupos que actúan gravaron a maqueta este ano, e o son é controlado e asistido polos alumnos da Aula de Son.