A alcaldesa destaca a importancia da celebración de Vigo Náutica Internacional que supón o pistoletazo de saída a un ano marcado pola náutica
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, destacou durante a presentación de Vigo Náutica Internacional que "hoxe é un día importante para Vigo" e que "a cidade non podía perder a oportunidade de celebrar este evento, que suporá o pistoletazo de saída a un ano que terá como protagonista ao mundo da náutica, coa saída de Vigo da Volvo Ocean Race". Corina Porro indicou que "é responsabilidade do Concello querer sacar adiante o salón pola importancia que ten para Vigo".<br />
A alcaldesa participou xunto co representante de Marina de Exposicións S.L, Estanislao Durán, e o director territorial de Caixa Galicia, José Manuel Fernández, na presentación deste evento náutico, que se celebrará entre o 24 e o 27 de xuño no recinto Feiral de Cotogrande e no que participarán máis de 50 expositores entre firmas de mecánica, de efectos navais, asteleiros e varadeiros, electricidad naval e electrónica de comunicacións, velerías, empresas de seguridade marítima, de ropa e de complementos.
Segundo anunciou Estanislao Durán, con motivo de Vigo Náutica Internacional desprazarase ata a cidade a fragata "Asturias". Ademais, no salón haberá unha mostra de pezas preciosas do museo Massó, embarcacións tradicionais galegas de navegación a vela e un programa de actos culturais. Calculase que o evento xenerará un volumen de negocio duns 10 millóns de euros. A vindeira edición desta feira náutica celebrarase na primera semana de marzo de 2005.
Descargar todas as imaxes