O Campus Polideportivo de Vigo comezará o 28 de xuño
200 nenos e nenas poderán participar na V edición do Campus Polideportivo Vigo 2004 que se desenvolverá entre os días 28 de xuño ao 2 de xullo. O campus está organizado pola Fundación Vigo en Deporte en colaboración co Instituto Municipal dos Deportes e dos equipos de elite da cidade. A inscrición estará aberta dende o 17 ao 23 de xuño.
O Campus Polideportivo é un programa onde os alumnos e alumnas poderán acercarse á practica dos deportes, dende a iniciación ata o perfeccionamento da man das mellores entidades deportivas da cidade. Este programa pretende desenvolver prácticas deportivas e recreativas posibilitando o coñecemento de actividades como baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala , hoque a patíns e baloncesto en cadeira de rodas. Haberá tamén actividades complementarias como xogos de animación, natación, rugby, actividades acuáticas.
O programa está destinado a nenos e nenas de idades comprendidas de 8 a 16 anos e desenvolverase no complexo deportivo de As Travesas os días 28,29,30 de xuño e 1 e 2 de xullo. A xornada será de 10:00h. a 18 horas de luns a venres. Haberá un servicio de catering incluído no prezo que é de 50 euros.
As inscrición poderanse realizar dende o 17 ao 23 de xuño na Fundación Vide (Tf: 986:247104).
As entidades colaboradoras son C.D. Bosco Baloncesto Feminino, Club Vigo de Voleibol, Octavio Pilotes Posada, Club Vigo Fútbol Sala, Club Vigo Stick, Xuvenil de Teis, Amfiv, Club Seis do Nadal de Baloncesto e Club San Xoán Fútbol Sala.
Descargar todas as imaxes