Escoitar

Arte Sonora no MARCO

Continua a programación do festival de música Sinsal que patrocina a concellería de Festas . A próxima actuación terá lugar o martes , día 15, no salón de actos do Marco e tratase dun espectáculo de Arte Sonora a cargo de Raster Noton (Alemaña) e MGLON (A Coruña).

luns, 14 xuñ 2004
1087217128sinsal.jpg
O horarios das actuacións será ás 20.00 h. –MGlon- (A Coruña); 20.45 h. _Komet (Especial Raster Noton/Alemaña) e 21.45 h. _ Alva Noto (Especial Raster Noton/Alemaña). O prezo é de 3 euros

mglon (one machine band) -A coruña-

Baixo este pseudónimo ocúltase Miguel Alonso, antropólogo, deseñador sonoro, dj, cortometraxista e incansable axitador cultural nado en Barcelona e afincado na Coruña. Partindo dunha base de pop tradicional e hip-hop, mglon chega á electrónica a través da experimentación doméstica: todo é susceptible de ser convertido en música. Comeza a traballar con instrumentos tradicionais para pasar ás secuencias e á programación. Un bo día descubre as veleidades do eco e a física do son e enfráscase nunha sesuda retrospectiva do espacio sonoro a través da historia.

Mediante ferramentas teóricas e empíricas, confecciona un sistema de interpretación baseado na acústica, no azar e na presunta musicalidade do sinal electroacústico por sí mesmo. Eterno martillo de técnicos, aspira a morrer inmolado nunha grande retroalimentación sen fin. Este galego –pódese xa afirmar con rotundidade– leva ó extremo unha estricta improvisación minimal de consecuencias sempre inesperadas. Os seus instrumentos máis habituais son agora cables, micrófonos, altavoces e as enerxías que fluen entre eles.

Raster-Noton (Alemaña)

Célula sonora fundada en Chemitz en 1996 por Olaf Bender e Franck Bretschneider. Nese tempo, o selo alemán Raster Music colabora co artista Carsten Nicolai e a súa estructura Noton. Archiv Fur Tu Und Nichtton, nacendo así o excelente selo Raster-Noton, un lugar de expresión e experimentación para artistas sonoros. Imaxinación prolífica sen límites nin fronteiras; unha música ambient, acústica, mínima e repetitiva, creacións explorando o audio, a arte e a ciencia. Instalacións sonoras, e un son consustancial a Raster-Noton, inimitable, singular.

Nos derradeiros anos editaron tres espléndidos libros de tirada limitada, que inclúen audio-cds nos que defenden un discurso contundente e singular. Unha fusión maestra de música, arte e ciencia . Publicados en alemán e inglés, estes libros son un verdadeiro pracer visual e sonoro que relata toda a historia do grupo: os resultados, as impecables instalacións sonoras e un sinfín de información acerca do colectivo. Raster-Noton teñen participado nos principais eventos de arte electrónica, como Ars Electrónica, Transmediale, Frequencies HZ, Ultrasounds, Sónar, e IRCAM, entre outros.

Komet

Frank Bretschneider (Komet) é un dos productores vitais da rede electrónica global. Membro importante do colectivo Raster-Noton, publicou os seus traballos baixo os nomes de Komet e Produkt, e creou algúns dos traballos máis influintes de finais dos noventa. O seu estilo microscópico, cheo de clicks, erros dixitais e toda a linguaxe da pasada década, serviu de exemplo a moitos dos músicos de portátil que agora editan os seus traballos.

Alva Noto

Carstein Nicolai (Alva Noto), o home que está detrás do selo Raster-Noton, é un dos músicos máis influentes da chamada Música Dixital Mínima: a expresión máis curta dun son para construir ritmos. Nas súas propias palabras naceu o concepto do "Click" como un código de expresión sonora que deu sigñificado a unha nova linguaxe dentro da música electrónica.

A finais do pasado 2003, Carstein Nicolai e o compositor xaponés Ryuichi Sakamoto, tras dous anos de traballo, editaron un dos discos máis sobresaintes deste tempo chamado Vrioon. Unha obra que, partindo das composicións para piano do artista Stockhausen no seu traballo Mantra, sintetiza un século de experimentación en fermosas composicións de estructuras analóxicas e dixitais. O piano de Sakamoto navegando polos "ruídos" minúsculos de Alva Noto é unha das viaxes máis fermosas e tristes que a paisaxe sonora ten debuxado en todos estes anos de arte microscópica.
Descargar todas as imaxes