Escoitar
As persoas que o desexen poderán mercar os tickets chamando ao teléfono 986 11 05 00 de Caixanova e as poderán retirar en calquera das oficiñas da entidade da cidade de Vigo e da provincia de Pontevedra

Venda de 1.000 entradas para o partido da Eurocopa entre España e Grecia

Tralas conversas mantidas entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra coa Federación Española de Fútbol dirixidas a amosar o espírito de unidade en torno á Selección Nacional de Fútbol e a facilitar aos vigueses e aos cidadáns de Pontevedra que o desexen o desprazamento aos partidos da Eurocopa, a Federación Española de Fútbol porá á venda mañá 1.000 entradas para o partido entre España e Grecia, que se disputará en Oporto o mércores 16 de xuño ás 18:00 hora española.

martes, 15 xuñ 2004
As persoas que o desexen poderán mercar as entradas, de entre 35, 55 e 100 euros, a partires desde o martes, chamando ao teléfono 986 11 05 00 de Caixanova e retiralas en calquera das oficiñas da entidade na provincia de Pontevedra. O mércores, as entradas sobrantes poderán mercarse na oficiña de Caixanova situada na lonxa do Concello de Vigo.

Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra e Federación Española de Fútbol buscan unha fórmula para facilitar o apoio da afición viguesa e pontevedresa á selección nacional.