Participación como beneficiario no itinerario de creación de empresas
O Proxecto Alicerce (programa de emprego da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo, posto en marcha no marco da subvención global do Fondo Social Europeo) abre un novo prazo para a presentación de solicitudes de participación como beneficiario/a no itinerario de creación de empresas.
O obxectivo deste itinerario é a formación específica para facilitar e promover a creación de empresas no sector de atención a persoas (garderías, ludotecas, servizos de lecer e tempo libre, servizos de axuda a domicilio, vivendas comunitarias, centros de día, etc).
Participación como beneficiario/a no itinerario de lecer e tempo libre: animación na terceira idade e discapacidade.
O obxectivo deste itinerario é especializar en actividades de lecer e tempo libre na terceira idade e discapacidade.
Perfil preferente: Título de monitor/a de tempo libre, dispoñibilidade horaria e formación regrada afín (no eido das CC sociais).
As persoas interesadas en participar nestes itinerarios, deberán ser desempregados/as inscritos/as no Servizo Público de Emprego e presentar a solicitude que se facilitará, debidamente cumprimentada, xunto coa documentación nela requirida.
Das solicitudes presentadas farase unha preselección, para posteriormente convocalas a realizar unha entrevista persoal a fin de determinar a súa posible incorporación ao proxecto.
Información e entrega de documentación
Proxecto Alicerce: Avda. Martínez Garrido, 21 int. baixo (36205 Vigo)
Tlf.: 986.26.63.20
Correo electrónico: alicerce@vigo.org http://emprego.vigo.org Horario: 8.00 a 14.00 Prazo de recollida de solicitudes: ata o 25/06/04