Cortes de tráfico
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado da rúa Beiramar, cortarase o carril desta cara ao centro, no tramo entre rúa Pescadores e rúa Coruña, dende hoxe, venres 18 de xuño de 2004 en horario nocturno de 22:00 horas a 06:00 horas, e por un período aproximado dunha semana.
Os vehículos que queiran acceder ao centro usarán como alternativa a rúa Tomás A. Alonso.
Corte da estrada do Portal
Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras de ampliación da glorieta da estrada da Universidade coa estrada do Portal, cortarase a estrada do Portal, dende as 08.00 horas do vindeiro luns 21 de xuño, durante un período de oito semanas aproximadamente, entre a glorieta e o núcleo de Sobreira.
Asemade desviarase o tráfico descendente da estrada da Universidade, á altura da glorieta, nun só carril, á calzada de subida.
Sentido único da estrada de Bembrive no seu terceiro tramo entre a autovía A 52 e a entrada sur do camiño do Toutizo
Ponse en coñecemento do público en xeral que con motivo das obras de remodelación integral na estrada de Bembrive no seu terceiro tramo entre a autovía A 52 e a entrada sur do camiño do Toutizo, establécese sentido único de circulación, dende as 08.00 horas do luns 21 de xuño de 2004 e por un período aproximado de cinco semanas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.