O Concello prevé que no mes de agosto comencen os traballos na depuradora do Lagares
O concelleiro de Medio Ambiente e voceiros da Xunta de Goberno Local, José Manuel Figueroa informou hoxe que con toda probabilidade as obras de mellora na Estación Depuradora do Lagares comezarán o próximo mes de agosto xa que con data 10 de xuño Augas de Galicia publicou no DOGA a licitación do concurso de elaboración do proxecto e execución da obra do plan de saneamento "Desodorización da nave de transferencias de pozo de lamas dixeridas na EDAR de Vigo".
![1087817616chema.jpg 1087817616chema.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1087817616chema.jpg)
Na orde do Diario figura que se conceden 20 días naturais para a presentación de ofertas. As ofertas abriranse en 14 días e trala adxudicación o período de execución establécense en 9 meses. Coas obras pretendese solucionar os problemas de malos olores provocados na Estación Depuradora.
O goberno municipal aprobou o convenio entre o Concello e a Cruz Vermella para a prestación de primeiros auxilios e transporte sanitario nas praias do municipio dende o 21 de xuño ó 31 de agosto, por un importe de de 103.000 euros.
Acordouse tamén na xuntanza de hoxe a aprobación inicial a ordenanza municipal reguladora das axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación integrada de Bouzas. A ordenanza establece, entre outros aspectos, os tipos de actuación e de axudas económicas; os requisitos para acceder ás axudas; os distintos programas de actuación previstos de conservación, restauración, remodelación e reestructuración.
A Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración entre a Concellería de Comercio e a Cámara Oficial de Comercio, para a posta en marcha do proxecto "Vigo Comercial", a través do que se establecerá un sistema unificado de aparcamentos de cortesía para os clientes do comercio minorista da cidade. Este sistema o implantará a Cámara de Comercio e o Concello comprométese a promovelo.
A Xunta de Goberno autorizou encargar a dirección de obra da remodelación do terreo de xogo do estadio municipal de Balaídos ó enxeñeiro José Manuel Calderón, toda vez que xa está disposto o levantamento do terreo de xogo do estadio.
Descargar todas as imaxes