Posta en marcha dos servicios turísticos para o período estival
A Concelleira de Turismo, Lucía Molares, inaugurou temporada de verán, coa posta en funcionamento dos servicios de atención ós turistas e excursionistas que se acheguen á cidade durante o período estival. Seis oficinas de información, o bus turístico, a tarxeta de descontos, o servicio de atención a cruceiristas, serán algúns dos servicios que se porán en marcha durante o verán.
Turismo de Vigo pon en marcha dende o día 21 de xuño cinco oficinas de información turística temporais, ademais da oficina permanente da rúa Teófilo Llorente. É a primeira vez que a Concellería pon en funcionamento este elevado número de oficinas temporais, co fin de poder prestar un bó servicio ós numerosos turistas que se prevén con motivo do Xacobeo.
As oficinas estarán estarán situadas nas seguintes ubicacións: praza de España; praza do Rei; Travesas; Samile Príncipe. En horario de 10h. a 14h. e de 16.30h. a 20.30h., durante todos os días da semana (incluidos domingos e festivos), as animadoras turísticas de Turismo de Vigo, informarán ós visitantes que se acheguen á nosa cidade. As oficinas de información permanecerán abertas ata o vindeiro día 21 de setembro.
Bus turístico
O bus turístico tamén comezará o seu funcionamento hoxe, día 21 de xuño, prestando un servicio mellorado, xa que se incorpora como novidade un sistema de locución con cascos, que permitirá ós turistas escoitar as explicacións sobre a cidade en diferentes idiomas.
O bus realizará catro itinerarios diarios, dous pola mañán e dous pola tarde, con saídas dende García Olloqui ás 10h, 12h., 16h. e 18h. O servicio de bus turístico tamén ampliará o seu período de funcionamento, xa que a partir deste ano, non só funcionará durante o período estival, senón que extenderá o seu servicio ó resto do ano, sempre que recalen cruceiros na nosa cidade. Como novidade, tamén está previsto que o bus funcione a partir de agora durante a Semana Santa.
Por 7,5€ os adultos e 4€, os menores de 12 anos, poderán subirse e baixarse do bus cantas veces queiran durante o día.
Ademais, os usuarios do bus turístico poderán beneficiarse de descontos nas viaxes da Naviera Mar de Ons ás Illas Cíes, coa presentación do billete do bus turístico na taquilla da naviera o mesmo día ou, como máximo, ó día seguinte de ter utilizado o servicio de bus.
O bus turístico percorrerá prácticamente todo o perímetro da cidade, dando a coñecer os principais recursos turísticos de Vigo. Cada recorrido completo terá unha duración de dúas horas. O recorrido do bus será o seguinte: García Olloqui-Alameda-Areal-Oporto-García Barbón-Policarpo Sanz-Porta do Sol-Paseo de Alfonso-Cachamuiña-Venezuela-O Castro (parada 20 minutos)-Gran Vía-Praza de América-Avda. Castrelos-Circunvalación-Castrelos-Parque de Castrelos (parada 20 minutos)-Balaídos-Echegaray-Avda.Castelao-Avda.Samil-Alcabre-Bouzas-Beiramar-Canovas del Castillo-García Olloqui.
A tarxeta turística
Turismo de Vigo lanzará a partir do 1 de xullo a denominada Tarxeta Turística "Vigocard", que permitirá ós visitantes disfrutar de importantes descontos en máis de 80 establecementos e servicios turísticos da cidade.
Museos, empresas de turismo activo, turismo náutico, servicios de transporte, ocio, etc. forman parte das numerosas empresas e entidades que ofertarán descontos ós posuidores desta tarxeta.
Bonificación do 50% do billete do bus turístico, importantes descontos en aluguer de piraguas, catamaráns, quads, avioneta turística, vehículos de aluguer, RENFE, viaxes ás Illas Atlánticas, etc. son algunhas das ventaxas desta tarxeta, que pretende fidelizar os turistas que nos visitan e facilitar a posibilidade de coñecer máis en menos tempo e máis barato.
Despois de realizar as moi diversas actividades que lle ofrece a tarxeta turística (turismo naútico, turismo activo, turismo cultural, etc.) esta iniciativa tamén lle permite ó turista disfrutar de importantes descontos (entre o 5 e o 10%) nas súas compras en numerosos establecementos da cidade.
Por último, para descansar dun día axetreado, o turista poderá beneficiarse de descontos en restaurantes, onde degustarán as excelencias da nosa cociña a prezos de desconto, ou coñecer Vigo de noite, con promocións en pubs, cervexerías, cafés, etc.
A tarxeta Vigocard se presenta en tres modalidades diferentes: Vigocard 24 horas-Válida para un adulto durante un día-Prezo 6€. Vigocard 48 horas-Válida, como máximo, para dous adultos e un menor de 14 anos durante dous días-Prezo 12 €. Vigocard 48 horas-Válida, como máximo, para dous adultos e dous menores de 14 anos durante dous días-Prezo 15€.
Os puntos de venda da tarxeta serán: Oficina de Turismo de A Pedra (Teófilo Llorente), Oficina de Turismo da Praza do Rei e bus turístico. Próximamente serán incluidos como puntos de venda determinados hoteis da cidade.
Servicio de atención a cruceiristas
A Concellería de Turismo prestará un servicio de atención especial a cruceiristas, xa que disporá dun mostrador a pé de barco, onde as animadoras da Concellería informarán os cruceiristas das posibles visitas, rutas e recursos turísticos da cidade, ademais de facilitarlles planos, guías e outro material turísticos para que poidan preparar a súa visita.
12 animadoras turísticas
Doce diplomadas en Empresas e Actividades Turísticas atenderán durante o período estival os distintos servicios que pon en marcha a Concellería. Ataviadas co novo uniforme da Concellería, estas profesionais do Turismo, atenderán as oficinas de información, o bus turístico, o servicio de atención a cruceiristas.
Descargar todas as imaxes