Escoitar
A entidade colaborará con 420.000 euros no financiamento de actividades como o festival Are More, o de Música Sacra, exposicións e ciclos de conferencias

O Concello e Caixa Galicia colaboran na organización da programación cultural da cidade

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o director xeral de Caixa Galicia e vicepresidente da fundación desta entidade, José Luis Méndez, asinaron hoxe un convenio de colaboración cultural a través do cal a Caixa Galicia colabora na financiamento da programación cultural do Concello con un importe de 420.000 euros.

luns, 21 xuñ 2004
O convenio renova a colaboración que o Concello e Caixa Galicia manteñen nos últimos anos e contempla o desenvolvemento de novos proxectos culturais da mellor calidade no termo municipal de Vigo. Así, en virtude deste convenio, o Concello de Vigo organizará o Festival Are More 2004, que ten un orzamento de 760.000 euros e ao que a fundación contribúe con 275.000, así como os ciclos de Música Sacra 2004 e Xeración 2000 + 4. Unha das novidades para este ano é o Concurso Internacional de Música de Cámara "Cidade de Vigo", que se celebra entre maio e outubro e no que participarán grupos de todo o mundo. Ademais, na colaboración entre ambas entidades inclúese o ciclo de conferencias "Ámbitos de Galicia" e as Xornadas e Foro "Perspectivas da política cultural".

A fundación Caixa Galicia organiza tamén as exposicións "Plein Mer", que se atopa na Casa das Artes, ou a mostra de fotografía aérea "Galicia, Camiño celeste", que terá lugar a partires de novembro.

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, agradeceu á fundación a súa implicación e colaboración con Vigo e destacou que a necesidade de planificar a aposta cultural que se pon ao servicio dos cidadáns.