luns, 21 xuño 2004

Posta en marcha dos servicios turísticos para o período estival

A Concelleira de Turismo, Lucía Molares, inaugurou temporada de verán, coa posta en funcionamento dos servicios de atención ós turistas e excursionistas que se acheguen á cidade durante o período estival. Seis oficinas de información, o bus turístico, a tarxeta de descontos, o servicio de atención a cruceiristas, serán algúns dos servicios que se porán en marcha durante o verán.

O Concello prevé que no mes de agosto comencen os traballos na depuradora do Lagares

luns, 21 xuñ 2004

O concelleiro de Medio Ambiente e voceiros da Xunta de Goberno Local, José Manuel Figueroa informou hoxe que con toda probabilidade as obras de mellora na Estación Depuradora do Lagares comezarán o próximo mes de agosto xa que con data 10 de xuño Augas de Galicia publicou no DOGA a licitación do concurso de elaboración do proxecto e execución da obra do plan de saneamento "Desodorización da nave de transferencias de pozo de lamas dixeridas na EDAR de Vigo".

A entidade colaborará con 420.000 euros no financiamento de actividades como o festival Are More, o de Música Sacra, exposicións e ciclos de conferencias

O Concello e Caixa Galicia colaboran na organización da programación cultural da cidade

luns, 21 xuñ 2004

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o director xeral de Caixa Galicia e vicepresidente da fundación desta entidade, José Luis Méndez, asinaron hoxe un convenio de colaboración cultural a través do cal a Caixa Galicia colabora na financiamento da programación cultural do Concello con un importe de 420.000 euros.

Concerto do ciclo "Xeración 2000+4"

luns, 21 xuñ 2004

O conservatorio superior de música de Vigo acolle o martes un concerto de piano a cargo de Wilhem Latchoumia dentro do programa do ciclo de música "Xeración 2000+4" que organiza a concellería de Cultura. A cita será ás 20.30 horas, a entrada é libre ata completar a capacidade.

Anuncio

Corte de tráfico no camiño de Seixos

luns, 21 xuñ 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras do segundo cinto de Vigo, pecharase ao tráfico o camiño de Seixos (Valadares), con acceso axclusivo para residentes, dende as 00.00 horas do mércores 23 de xuño de 2004, por un período aproximado de tres meses.