Escoitar

Autorizadas 13 fogueiras para a noite de san Xoán

O Concello autorizou un total de 13 solicitudes para realizar as fogueiras de san Xoán en diferentes partes da cidade.

martes, 22 xuñ 2004
Relación de solicitudes

- A.VV. Pontenovo- Freixeiro. Lugar da fogueira: recinto da fonte preto da igrexa de Santo Tomé, á entrada ó vial.
- Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello. Lugar: praza Berbés
- A. VV. A Paz. Lugar: rúa Anduriña
- Asociación Cultural e Deportiva Xestas. Lugar: camiño das Plantas, Bembrive
- Asociación Cultural Comisión de Festas Santa Isabel. Lugar: Carregal-Valadares
- A. VV. A Nosa Terra de Alcabre. Lugar: recinto preto da Casa Rectoral
- Centro Cultural Helios de Bembrive. Lugar: alameda do Torreiros
- Centro Veciñal e Cultural de Valadares. Lugar nos arredores do pavillón polideportivo Pedregal
- A.VV. O Carballo de Sárdoma. Lugar: nun campo preto da asociación de veciños
- A.V.C.D. Monte da Mina de Castrelos. Lugar: no monte da mina a veira do edificio social.
- A.VV. Outeiro e Sociedade Cultural Nautilius. Lugar: camiño de Senín
- Roberto Vázquez Álvarez.Lugar: na avenida de Castelao
- Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo. Lugar: no aparcamento do Vao.

Normas para as fogueiras da noite de San Xoán

A fogueira deberá estar finalizada con dous días de antelación a súa queima, para poder levar a cabo a súa revisión.

O volume do material combustible da fogueira non superará os 8 m de diámetro nin os 3 m de altura.

A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non haxa almacenados productos inflamables nin zona forestal no redor.

Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, aceites, etc., e en xeral calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros.

No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados ou asfaltados e pintados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 cm en toda a superficie da fogueira.

Ao finalizar a fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.

É obrigatoria a presentación dunha póliza de responsabilidade civil cunha cobertura de 150.000,00 €.

En todos os casos as persoas solicitantes serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.