Escoitar

Abre as portas "Vigo Náutica Internacional"

A alcaldesa Corina Porro inauguraba esta mañá o salón "Vigo Náutica Internacional" que se celebrará entre o 24 e o 27 de xuño no recinto Feiral de Cotogrande. No salón participarán máis de 50 expositores entre firmas de mecánica, de efectos navais, estaleiros e varadoiros, electricidade naval e electrónica de comunicacións, velerías, empresas de seguridade marítima, de roupa e de complementos. <br />

xoves, 24 xuñ 2004
1088078243masso.jpg
A alcaldesa subliñaba nas súas palabras de inauguración que o "turismo náutico precisa de servicios e infraestructuras para o seu desenvolvemento. En 2005 os 1.700 quilómetros de litoral acollerán 9.000 prazas de amarre e, en seis anos, alcanzaremos 15.000. Este é un dos desafíos principais do sector turístico galego, do que Vigo participa con entusiasmo". Corina Porro engadiu que " entón , en novembro de 2005 Vigo acollerá a saída da Volvo Ocean Race, e os vigueses estamos en disposición de abordar con toda garantía os desafíos que supón abrir as nosas ventás e amosar o mellor de nos mesmos"

Con motivo da celebración de Vigo Náutica Internacional desprazarase ata a cidade a fragata "Asturias". Ademais, no salón haberá unha mostra de pezas preciosas do museo Massó, embarcacións tradicionais galegas de navegación a vela e un programa de actos culturais. Calculase que o evento xerará un volume de negocio duns 10 millóns de euros. A vindeira edición desta feira náutica celebrarase na primeira semana de marzo de 2005.
Descargar todas as imaxes