Escoitar

"Bad Boys. Vídeos de artistas españois"

O Museo de Arte Contemporaneo presenta "BAD BOYS. Vídeos de artistas españois",exposición producida pola Dirección General de Relaciones Culturales y Científicas do Ministerio Español de Asuntos Exteriores e que poderá visitarse no do 25 de xuño ó 5 de setembro de 2004.

xoves, 24 xuñ 2004
A exposición consta de 14 vídeos en soporte DVD (dous por cada artista participante), que se exhibirán en proxeción monocanal, en continuidade, no Salón de Actos do MARCO. Preséntanse dúas pezas de cada artista: un traballo xa coñecido, e unha obra realizada ex-nuovo para o proxecto producido polo Ministerio Español de Asuntos Exteriores e presentado na Bienal de Venecia do pasado ano.

Os artistas que participan son Manu Arregui (Santander, 1970); Carles Congost (Olot, Girona, 1970); Jon Mikel Euba (Bilbao, 1967); Joan Morey (Sant Llorenç de’s Cardassar, Mallorca, 1972); Sergio Prego (San Sebastián, 1969); Pepo Salazar (Vitoria, 1972); Fernando Sánchez Castillo (Madrid, 1970)

O horario das proxecións son: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 (pases ás 11.00 , 12.30, 17.00 e 18.30).Entrada gratuíta.