Escoitar

Ciclo de conferencias sobre a medicina ó servizo da sociedade

xoves, 24 xuñ 2004
A concellería de Participación Cidadá colabora no ciclo de conferencias de divulgación sanitaria " Unha medicina ó servizo da sociedade" que se desenvolverán os días 28 e 30 de xuño no salón de actos do Centro Cívico do Casco Vello.

As conferencias céntranse no alcoholismo e a importancia de actividade física e pretenden e contribuír á mellora da educación sanitaria da poboación . Están organizadas pola Real Academia de medicina e cirurxía de Galicia.

O luns, día 28, Anxo Usero Osset, académico da R.A. falará sobre "Alcoholismo, un problema para a sociedade galega".

O mércores, 30 de xuño, Xesús Vázquez Gallego, xefe do servizo de Rehabilitación do Hospital Xeral de Lugo, abordará o tema "Actividade física e deporte contra a obesidade e o sedentarismo".

As conferencias celebraranse no Centro Cívico do Casco Vello , rúa Oliva,12, ás 20:30 horas, con entrada libre.