Escoitar
A Concellería organizará obradoiros de manualidades vencellados ó mundo do mar durante todos os días de celebración do salón

Turismo presente no salón "Vigo Náutica INternacional"

A Concellería de Turismo e Comercio, que dirixe Lucía Molares Pérez, está presente dende hoxe no Salón "Vigo Náutica Internacional", ata o vindeiro día 27 de xuño.Este ano, Turismo de Vigo asiste o salón co seu stand institucional de 45 m2. Estará atendido por dúas animadoras da Concellería que resolverán calquera duda a todas aquelas personas que se acheguen ata el.

xoves, 24 xuñ 2004
Dada a especial repercusión que terá para cidade a celebración da Volvo Ocean Race o ano 2005, Turismo de Vigo está a traballar nun programa de actividades para a promoción do turismo náutico.

Ademais da presencia no salón "Vigo Náutica Internacional", a Concellería está a elaborar un calendario de actividades náuticas ata que teña lugar a gran cita do 2005. Dentro do programa de actividades, que se presentará próximamente, Turismo de Vigo prevé o patrocinio de diversas regatas, un programa especial de fomento da vela, etc.

Co obxecto de implicar ós visitantes do Salón Vigo Náutica Internacional na experiencia do mar, a Concellería ten organizados tres obradoiros de manualidades nos que se poderá aprender dunha forma lúdica.

Os talleres organizados por Turismo de Vigo son os seguintes:

 Obradoiro de elaboración de maquetas.
 Obradoiro de bandeiras e Código Internacional de Sinais
 Obradoiro de Nós.

Os obradoiros funcionarán pola mañán e pola tarde, durante os catro días do salón, en horario de 12h. a 13.30h. e de 18h. a 19.30h.

A Concellería tamén organizou, a través da Escola Obradoiro Mar de Vigo, a presencia no salón dunha embarcación tradicional –gamela coruxeira- feita polos alumnos de carpintería de ribeira e unha piragua, realizada polos alumnos do módulo de Novas Técnicas de Construcción Naval.