Escoitar
Anuncio

Convocatoria de subvencións para asociacións xuvenís no 2004

venres, 25 xuñ 2004
O departamento de Xuventude do Concello de Vigo vai promocionar a organización dos programas de actividades e publicacións das asociacións xuvenís durante o ano 2004.

Poderán acceder a ditas subvencións as asociacións, entidades e seccións xuvenís doutras asociacións que cumpran os requisitos da presente convocatoria.

O prazo para presentar solicitudes é dende o día seguinte ao da publicación destas bases na prensa local e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Vigo e, ata 20 días hábiles logo da súa publicación.

Para a formalización das solicitudes e maís información deberán dirixirse a
Casa da Xuventude, rúa Lopez Mora, 31, Vigo. 986.294806. www.xuventudevigo.org.